Proba atlética na modalidade feminina

Máis de 300 atletas e deportistas daranse cita o próximo domingo, 14 de xuño, en Esgos para participar no campionato de España e de Galicia de Montaña, asi como na novena Sibida a Rochas-O Eirado e na andaina popular, que organizan a Federación galega de atletismo, a Deputación de Ourense o Concello de Esgos,

Os dirixentes de ambas as tres institucións, Manuel Baltar , Mario Rodríguez, xunto co presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o secretario técnico da federación, Anxo Fidalgo, e o delegado enOurense, Manuel Blanco, asistiron o pasado dia nove a presentacion desta importante competición.

Desta proba atlética na modalidade feminina sairá a selección nacional que representará a España no Mundial de Portugal. En total, estímase que máis de mil persoas, entre deportistas e acompañantes, visitarán Esgos este fin de semana, “co retorno económico e a dinamización que supón para o municipio e a súa bisbarra”, explicou Mario Rodríguez. Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que a Deputación ten como obxectivo cooperar cos concellos, neste caso apoiando “unha proba deportiva que discorrerá por uns das paraxes máis fermosas, berce da Ribeira Sacra, que será un excelente escaparate para a promoción da provincia,”.
A Suba Rochas-O Eirado partirá da Casa do Concello ás 11.00 horas, terá dúas metas voantes, e finalizará no punto máis alto doConcello, xunto ao parque eólico. A proba masculina será de 13 quilómetros, a feminina terá oito e tamén se fará unha proba por equipos

O Campeonato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa disputado nas Pistas Universitarias de Elviña deixou marcas destacadas e probas de gran nivel: protagonismo de Ana García nos 2000 obstáculos logrando a mínima para o Mundial Xuvenil que se vai celebrar en Cali (Colombia) no mes de xullo, a atleta do Adas con 6.57.7 lograba batir o seu propio record galego que acadara  en maio en Lugo; Eugenia Gil do Club organizador Marineda Atlético demostraba que está na sua mellor tempada batendo o record galego junior de 400 metros con 56.28 record que estaba en posesión dende o ano 1998 de Ana Salgado.

Outros atletas que destacaron foron Saleta Fernández con 1.71 en salto de altura, Paula Ferreiros do Lucus con 56.24 nos 400 metros, as atletas do Comesaña Angela González con 2.11.50 nos 800 metros e Carmela Cardama en 1500 facendo unha carreira en solitario e logrando 4.28.95;  Claudia Rojo del Club Ria Ferrol vencendo nos 100valados e 400 valados; espectáculo dos xuvenis do Lucus  Adrian Ben e Miguel González nos 3000 metros correndo o primero en 8.27.0; Carlos Moro do Riazor Coruña en 400 vallados con 53.89, Iago Nuñez  do Lucus con 14.86 e Samuel García atleta xuvenil do Barbanza con 13.55 en triple salto foron outros dos destacados. Tamén probas moi disputadas ata o último metro como os 800 masculino no que vencería José González  do Lugo Running Club en disputa apretada con Jorge Puig da SGP e os 400 metros xuvenis con Angel Vargas da Gimnástica e Alberto López del Marineda.

As céntricas rúas da cidade herculina foron esceario do récord do mundo de 20km marcha femenino no transcurso do XXIX G.P Cantones de A Coruña. XII Challenge Mundial de Marcha. A china Liu Hong, quen dende os primeiros metros da proba deu sinais da sua superioridade, marcou un tempo de 1.24.38 millorando o anterior record en posesión da rusa Yelena Yasmánova dende os Xogos Olímpicos de Londres de 2012. Na proba masculina, dominio tamén do chino Wnag Zhen gañador con un tempo de 1.18.00. Con este record, A Coruña da un paso mais no panorama internacional da marcha.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *