II Control de Lanzamentos e Trofeo Riazor

As céntricas rúas da cidade herculina foron esceario do récord do mundo de 20km marcha femenino no transcurso do XXIX G.P Cantones de A Coruña. XII Challenge Mundial de Marcha. A china Liu Hong, quen dende os primeiros metros da proba deu sinais da sua superioridade, marcou un tempo de 1.24.38 millorando o anterior record en posesión da rusa Yelena Yasmánova dende os Xogos Olímpicos de Londres de 2012. Na proba masculina, dominio tamén do chino Wnag Zhen gañador con un tempo de 1.18.00. Con este record, A Coruña da un paso mais no panorama internacional da marcha.

O Celta Atletismo foi o encargado de organizar a novena edición do Trofeo Alfonso Pousada, celebrando esta vez os 70 anos de dedicación ao atletismo do que aínda é Presidente de Honor da entidade. Nunha tarde propicia, máis de trinta atletas melloraron os seus registros persoais.

A decisión de incluír ademais un control técnico da RFEA de 800m e 1500m fixo que outros atletas de talla internacional achegásense a Balaídos. Foi o caso do 800m masculino, xa que os tres primeiros colócanse entre os mellores do ránking nacional absoluto. Coa colaboración de Diego Cadrado como ?liebre?, David Bustos debutó esta tempada impoñéndose cun crono de 1, 48,47. Tras el, buscando a mínima para o europeo sub-23, Álvaro de Arriba, 1,49, 25 e Saúl Martínez, 1, 49, 56.

As outras tres probas do control tiveron o plus de que as excelentes marcas correron a cargo dos atletas de casa. O máis destacado, Adrián Ben (Lucus), que investiu 3, 48,86 para percorrer os 1500m. Mellor marca española do ano, cuarta europea da tempada e récord galego xuvenil (anterior, 3,52, 2 de Roberto Pérez do 85). Seguiulle Miguel González (Lucus) asinando 3, 51, 30. Ambos revalidaron a mínima para o mundial xuvenil a celebrar en Cali (Colombia) que xa posuían. Tras eles, outros novas promesas da especialidade, Jorge Puig (SGP), Ivo Maseda (Lugo R) e Tariku Novales (At Noia), todos encarrilados por Víctor Riobó (CAS), que fixo o gasto tirando ao principio.

As pistas de atletismo de Balaídos acollerán o IX Trofeo Alfonso Posada e Control Técnicoa da RFEA na que alguns dos atletas galegos mais en forma estarán nas listas de saída. Salientar a presencia do velocista do Coruña Comarca Denís Galán nos 100 e 200, o 1500 masculino donde estarán os tres dos representantes galegos con maior proxección, Miguel González e Adrián Ben ámbolos dous do Lucus e Tariku Novales do Atletismo Noia, a lonxitude con Jean Marie Okutu e Alfonso Palomanes e o martelo con Isaac Vicente (A.D. Maratón). Nas mulleres o 800 é a priori a proba con mais rivalidade xa que estará Leticia Fernández (Ría), Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta e Angela González (Comesaña). Leticia está   inscrita tamén no 1500 donde a gran favorita Solange Pereira intentará un bo rexistro despois da sua fantástica actuación na Copa de Europa.

As pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra acolleron o Campionato de Galicia Cadete, as probas de marcha do Campionato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa e a primeira xornada do Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Nos cadetes, co gran aliciente de loitar pola selección para o Campionato de España do CSD por autonomías, salientamos a Javier Mañana (Marineda) con victoria nos 300v e 100v, Saray Amoedo (Vila de Cangas) na lonxitude e triple e Santiago Represas (C.A.Sada) nos 100 e 300. Moi disputadas foron algunhas probas como os 300 valados no que Uxía Pérez (Atlética Lucense) con 47.20 impuxose a Silvia de Diego (Ría Ferrol) con tres centésimas mais. Tamén os 600 masculinos decidironse por duas centésimas a favor do atleta do Ría Carlos López fronte  a Roi Estevez (A.D. Mazí). No Campeonato xuvenil, junior e promesa, os vencedores na proba de marcha foron os xuvenis Emilio Novás e Antía Chamosa, ámbolos dous do Comesaña, os junior Dani Chamosa (Comesaña) e Mar Chillón (Vila de Cangas) e Fran Durán (Lucus) e Rocío Carbia (Atletismo FEmenino Celta) en promesa.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *