Atletismo Galego Profesional

Unha andaina e unha carreira e, sobre todo, medio millar de participantes, converteron o domingo 14 de Xuño a Esgos na capital das carreiras de montañas, nunha Suba as Rochas-O Eirado que volveu ser un éxito a todos os niveis.
Na súa vertente competitiva, a vitoria foi para Enrique Meneses, que sumou asi o seu quinto campionato de España de carreiras de montaña nunha competición que reuniu en total máis de 500 participantes
Precisamente isto foi a gran novidade respecto ao 2014. A localidade ourensana de Esgos, vén celebrando dende hai algúns anos, unha carreira de Montaña, para os atletas que queren escapar un pouco do asfalto e internarse por terreos naturais. O éxito foi chegando pouco a pouco ata chegar a acoller este domingo o Campionato de España da modalidade.
Algo que serviu para atraer máis corredores e, por suposto, subir máis aínda o nivel dunha proba esixente dende o seu arranque
A IX Suba Rochas-O Eirado tivo a súa saída habitual fronte á Casa do Concello de Esgos ás 11.00 horas, con dúas metas voantes, finalizando no punto máis alto do Concello, ao lado do parque eólico.
Os homes afrontaron un percorrido de 13 km mentres que as mulleres farian un percorrido de 8 km tras os cambios impostos pola RFEA, todos eles por unha paraxe espectacular da montaña ourensana.
A carreira foi dominada por completo por Meneses, que bateu o récord da proba (54.37), tras impoñerse en cada punto intermedio e chegar a meta con máis dun minuto de vantaxe respecto a Daniel Sanz e Manuel Hurtado, ao que esta terceira posición lle serviu para levarse con solvencia o título no Campionato de Galicia de Montaña, atleta do New Balance team avantaxaría en case tres minutos a Elpidio Gómez, do ADÍES Proinor, completando o podio galego outro habitual en Esgos Ivñan Docampo, da Sociedade Gimnastica, Título promesa para o seu compañeiro de equipo Alejandro Hermelo.
Mentres, en categoría feminina a vitoria foi para Raquel Gómez, con Gema Martín e Sonia Plaza completando o podio do estatal. Quinta foi María Yolanda Gutiérrez, que escribiu o seu nome no palmarés do título galego, ao igual que Damián Anta na categoría júnior.
En mulleres, e sobre unha distancia de 8 Km, ademais do xa mencionado titulo galego pa Yolanda Gutierrez, segunda e terceira posición para dous atletas do Comesaña: Iria Fernández, e a incombustible Soidade Castro.
Pero máis alá dos resultados, a Suba Rochas-O Eirado significou bo ambiente. Na andaina que abriu o día, na carreira e na comida que pechou unha proba que celebrará en 2016 a décima edición no seu mellor momento.

Finalizado o Campeonato de Clubes 2015, Ría Ferrol en mulleres e Sociedade Gimnástica en mulleres continúan na vindeira tempada en División de Honra. O R.C. Celta volverá à primeira división despois de non poder evitar a última plaza no encontro pola permanencia celebrada en Burgos. Os celestes estarán acompañados unha tempada mais por o C.A. Narón na primeira división. Nas mulleres estarán o Atletismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural quen venceu o seu encontro en Soria, donde participou tamén a SGP e o Vila de Cangas. O mais destacado dos encontros foi o novo record xuvenil (eléctrico) de Adrían Ben nos 800 con un rexistro de 1.52.88, o anterior era do ano 1991 en posesión do atleta coruñes Leo Piñeiro con 1.52.7. Salientar tamén resultados como os 55.99 de Candela Díaz (Ría Ferrol) nos 400, Jean Marie Okutu (FBC) con un millor salto de 7.90, Alfonso Palomanes no triple con 16.12, os 5.63 e os 7.20 de Tania Valverde (Atletismo Femenino Celta) e David Ferrer  (SGP) na lonxitude ou os 22.28 de Dario Costas (SGP) nos 200 entre outros

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *