A Federación

Fantástico a actuación dos equipos galegos, Vila de Cangas e Beade en mulleres e Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Franciscanos de Lugo e Millaraio en homes, no II Campeonato de España Infantil por equipos celebrado en Valladolid. O Vila de Cangas proclamouse campeón de España con Ana Piñeriro primeiro nos 2000 marcha e Valeria Rodríguez terceira no peso como resultados mais destacados. Nos homes os millores resultados individuais viñeron da man de Carlos Alvarez segundo na lonxitude e nos 1000 e de Hugo Martínez nos 2000 marcha, ámbolos dous do Franciscanos.

Boa actuación da selección galega no Campeonato de España Cadete por selecciones autonómicas celebrado en Alcobendas con o séptimo posto para os homes e para as mulleres. A nivel individual salientar o primeiro posto de Santiago Represas nos 100 con 11.42, segunda posición de Pedro Osorio nos 1000 con 2.34.15, o terceiro de Olmo Pruneri no peso con un mellor lanzamento de 13.03 e o record galego da categoria no 4×300 con 2.31.83 cun cuarteto formado por Santiago Represas, Pedro Osorio, Javi Mañana e Javier Toucedo. O anterior estaba con mais de tres segundos dende o ano 2011. Nas mulleres as mais destacadas foron Olaia Becerril na lonxitude segunda con 5.38 e Iria Rivas na marcha con 15.10.98.

Fantástico o Meeting Ourense Termal con moitas marcas persoais e resultados de gran nivel. O mais destacado da xornada foi o record de 100 por parte do atleta do Coruña Comarca Denis Galán quen millorou nunha centésima o anterior de 10.55; nesa mesma final Javi Cancela (C.A. Narón), Adrián Pérez (Tenerife) e Mauro Triana (Coruña Comarca) pararon o crono en 10.63, 10.64 e 10.65 respectivamente o que mostra o nivel dos atletas galegos na velocidade. Mauro Triana correu tamén os 200 en 21.65. Salientar outros resultados como os 48.58 nos 400 de Kike Prego (Riazor Coruña), 1.55.15 nos 800 de Jorge Puig (SGP), 3.53.79 nos 1500 de Tariku Novales (Atletismo Noia), 20.03 en altura de David Barreira (A.D. Maratón), 4.80 en pértega de Santi Ferrer (SGP), 15.89 en peso de Victor Gallego (SGP) ou 15.89 en triplo de Palomanes (FCB) en homes. Nas mulleres fantásticos rexistros para Jenny Fernández (Atletismo Femenino Celta) nos 400 con 56.07, Leticia Fernández (Ría Ferrol) nos 1500 con 4.18.57, Claudia Rojo nos 400 valados con 1.00.61, Enma Valencia con 14.77 nos 100 valados, con Saleta Fernández (FCB) con 1.73 na altura ou os 14.91 de Belén Toimil (Playas Castellón) no peso.

Importante fin de semana de competiciones en pista. A atención estará en Valladolid, Alcobendas, Lugo e Ourense. En Valladolid disputarse o II Campeonato de España Infantil por equipos no que Galicia estará representada por a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Franciscanos de Lugo e Millaraio en homes e polo Vila de Cangas e o Beade en mulleres. En Alcobendas serán os cadetes os que disputarán o Campeonato de España de Selecciones Autonómicas. Xa en Galicia, os centros de atención estarán no control Arde Lugo e no Ourense Termal Athletics Meeting.  Na ruta, tres son as carreiras incluidas no calendario oficial da FGA: a XII Carreira Nocturna de Celanova, V Carreira Popular Concello de Carballo pertencente o III Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña e a III Rompepernas de Magalofes.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *