FGA
[gal][cast]

Últimas Circulares
Actualidade do Atletismo Galego
18/06/2017 . Nove medallas para a Selección Galega Cadete no seu nacional de Lorca

Desenvolveríase esta fin de semana en Lorca o Campionato de España de Seleccións Autonómicas da categoría cadete na que a nosa comunidade lograría un total de nove medallas (un ouro, cinco pratas e tres bronces)

Na categoría masculina actuación destacada dos nosos atletas nas probas de medio fondo e fondo na que contariamos cas pratas de  Carlos Alvarez nos 600 m. con 1.24.67,   Said Abdoun nos 1000 m. con 2.34.69 rematando ca mesma meritoria posición para  El Medhi El Nabauoi nos 3000 m.l. con 9.15.68. (incurso en pleno Ramadam)

No concurso de altura Carlos Cortizo con 1.84 acadaría o bronce nunha proba gañada con 1.98

Na categoría feminina Irene Gómez de novo daría mostras do seu talento impoñéndose por tan só dous centimetros  no seu último lanzamento de martelo chegando ata os 53.37. De novo o podium da marcha e da xavalina estarían presentes atletas galegas cas pratas de Ana Piñeiro nos 3000 m. marcha con 15.04.21 asi como a de María Pena con 37.96 no concurso de lanzamento.

Nas probas de medio fondo e fondo é o igual que acontecera co equipo masculino, destacada actuación das representantes galegas quenes colleitarían os bronces nas probas de 1000 m.l. a cargo de  Paula de La Torre con 3.05.16 e de Sara Lima nos 3000 m.l. nunha emocioante chegada con 11.00.10

RESULTADOS


17/06/2017 . A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional

A Selección Galega acadaría unha magnífica quinta posición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolvería en Ciudad Real e na que o combinado autonomico quedaría  a menos de seis puntos do podium. Con este resultado Galicia millora a sétima posición acadada na edición do ano pasado e na que un formidable equipo feminino lograría  a segunda posición "oficiosa" da súa categoría.


A nivel de resultados e na categoría masculina,  destacarían a primeira posición de Alfonso Palomanes en Triple quen se imporía a todos os seus riváis para chegar ata os nada menos que 16.10 m.  no seu segundo intento. Frank Casañas, sempre comprometido ca selección, con 55.80 m. cedería tan só ante Lois Maikel Martínez o mesmo que  Carlos Revuelta, segundo en martelo con 60.45 m.

Si esto acontecía co equipo masculino,  unha competitiva selección feminina amosaría todo o seu potencial  no que sen lugar a dúbidas o reforzo da colosal Nediam Vargas quen se imporía tanto nos 100 m.l. coma nos 200 m. con 11.38 e 23.07 (mínima mundial), contribuiría decididamente a este excelente resultado. Xunto ela Solange Pereira faría o propio nos 1500 m. acadando o trunfo cun rexistro de 4.37.77. Leticia Gil chegaría ata os 6.01 m. gañando por un só centimetro no seu último salto e sumando una nova victoria para a Selección. Destacadas tamén foron Saleta Fernández segunda en altura  con 1.78 m., mesma posición para Ana Peleteiro en Triple con 12.93 m. e Belén Toimil en peso con 15.81 m.  Claudia Rojo acabaría terceira nos 400 m.v. con 1.00.64; excepcional comportamento de Felicia Tildea na xavilina quen acadaría a terceira posición con 44.86 m.

 En outro orden de cousas salientamos o récord galego absoluto do equipo de relevos 4x100 que marcaría un rexistro de 40.94 millorando os 41.43 do Riazor Coruña.  Raquel Meaños sería outra das atletas que establecería unha nova plusmarca galega, neste caso xuvenil,  nos 800 m.l. con 2.08.97 millorando os 2.09.09 que ela mesma tiña dende o 10 de maio.

RESULTADOS


08/05/2017 . Galicia de sexta no Campionato de España de Combinadas

Esta fin de semana acontecería en Castellón a disputa do XXIX Campionato de España de Probas Combinadas na que Galicia acudiría cun equipo formado  por Alicia Merino, Andrea González,  Dario Costas e Abrahan Rodríguez e na que xunto eles viaxarían o responsable do sector de Combinadas da FGA Xulio Ventin e o técnico Santi Ferrer.

A nivel de resultados na proba de heptathlon Alicia Merino acadaría a sexta posión con 4691 puntos ocupando Andrea González a décimo terceira con 4069 puntos. Xa nos homes Dario Costas que reaparecería tras a súa lesión lograba a quinta posición con 6407, sendo unha formidable cuarta praza para o junior Abraham Gonzalez con 5391.

A nivel de Comunidades Galicia acadaría a sexta posición con 20558 puntos nun campionato gañado pola Comunidade Valenciana con 25166 puntos.                    

 


20/06/2016 . Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena

Destacado balance de actuación o protagonizado pola Selección Galega Cadete no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolveu esta fin de semana  en Cartagena.

Nas tres xornadas que duraría o encontro, sen lugar a dúbidas, o máis salientable sería a actución de Olaia Guisela Becerril que se imporía no concurso de lonxitude con 5.76 m. millorando ademáis o récord galego cadete en posesión de Iria Forjan en catro centímetros.

Nicolás Area sería outro dos protagonistas no concurso de disco, impoñéndose cun millor lanzamento de 55.75 m. e quitando máis de catro metros ao segundo clasificado.

Podiums de prata para os galegos, Lucía Sicre  nos 600 m.l. con 1.37.43; Sara López  nos 1500 m. Obstáculos con 5.07.56 e cuia marca representa un novo record galego millorando en preto de seis segundos a anterior marca que ela mesmoa poseía dende principios deste mes;  Cristina Freire no concurso de disco con 34.43 m.; e Iria Rivas nos 3000 m. Marcha con  14.37.26,  El Medhi El Nabaoui nos 3000 m.l. con 9.08.66. As únicas medalle de bronce correspondería a Marco Martínez en altura con 1.84 m. asi coma na do relevo feminino dos 4x100 m.

Serían precisamente protagonistas os relevos femininos xa que os seus rexistros de 49.05 nos 4x100 m. e de  2.50.45 nos 4x300 m. suporían sendos récords galegos.

A nivel de Seleccións Galicia ocuparía ao remate na categoría feminina unha destacada quinta posición con 225 puntos sendo os homes sextos con 185,5 puntos.

RESULTADOS HOMES                     RESULTADOS MULLERES

 


19/06/2016 . A Selección Galega Absoluta, sétima en Alcobendas

Resultado agardado o obtido pola Selección Galega absoluta no Campionato de España por Federacións Autonómicas acontecido en Alcobendas, e no que os galegos acadarían a sétima posición cun total de 449 puntos. Malia as xa anunciadas e notables ausencias que mermarían o potencial galego, o resto do equipo desenvolvería  un campionato moi completo que depararía actuacións moi destacadas. Entre estas cabe salientar o trunfo de Alfonso Palomanes en triple con 15.63 m. con todos os seus intentos por riba dos 15.50 m..  Importantísimo resultado tamén o de Frank Casañas,  segundo en disco con 58.60 m. o cal, e sumado ao do resto de seleccioados, faría que Galicia estivera ao remate da primeira xornada na sexta posición.

A xornada do serán abriríase co carreirón de Claudia Rojo quen baixaría sete  centésimas do minuto na proba dos 400 m.v., para impoñerse e deixar o reloxo en 59.93  . Belén Toimil cumpliría coma sempre a perfección, acadando un cuarto posto en disco con 41.40 m. e unha asegunda posición en peso con 15.95 m.. Lidia Parada en xavalina con 53.23 m. e Solange Pereira nos 1500 m. con 4.22.24 vencerían nas súas probas con autoridade, axudando de maneira importantísima a selección a sumar puntos nese cómputo xeral.

A velocidade contaría cun espectacular Mauro Triana que se iría nos 200 m. ata os 21.14 cedendo tan só ante o castelano-leonés Oscar Husillosna. Notabilísimas actuacións de igual modo tanto de Adrián Ben nos 1500 m. (3.54.77) Esther Navarrete nos 3000 m. (9.31.90) coma de  Joselyn Brea nos 3000 Obst. (10.28.99) os cales cederían tan só dúas posicións nas súas  probas. A lonxitude tivo color galego dende o primeiro salto, xa que Jean Marie Okutu neste intento iríase ata os 7.91 m. que suporían a millor marca da proba. Por último, os relevos terían as dúas caras da moeda xa que se os homes ficaban descalificados no 4x100 m., as rapazas, soberbias no 4x400 m., imporíanse grazas ao formidable traballo das súas protagonistas: Claudia Rojo, Paula Iglesias, Paula Ferreiros e Eugenia Gil. 

Actuaccion Galega
RESULTADOS


25/06/2011 . Galicia: Séptima no Campionato de España de Federacions

 A Selección Galega ocupou a séptima posición tras a disputa do Campionato de España de Federacion celebrado o sabado en Zaragoza. Este posto, maila que é un bo posto  de forma xeral, ocasiona o descenso dos galegos ao descender a 7ª e 8ª selección clasificada neste encontro. Galicia acodou un total de 158 puntos, Sendo a vencedora a gran favorita a selección de Cataluña.
A nosa Selección conseguiu un total de tres primeiras posicións a cargo de Frank Casañas en disco con 64,73; Felicia Moldovan en xavelina con 52,23; Victor Riobo en 1500 con 4.02.15.
Seis segundas posicións a cargo de Virginia Villar en 100 valos con 14.27; Belen Toimil en peso con 13,36;Patrick Chinedu en 100 con 10.64;Borja Barbeito en xavelina con 67,02; Merecedes de Santalo en disco con 50,59 e Isaac Vicente con martelo con 64,82.
Dúas terceiras posicións de Alfonso Palomanes en triplo con 15,61; Jean Marie Okutu en lonxitude con 7,81.
Sendo cuartos o cuarteto de 4x400 homes cunha marca de 3.17.26 e Sara Arousa en martelo con 47,87.
Oito quintas prazas para Samuel Paz en 400 v.: Santiago Ferrer e Clara Gil en pertiga; Virginia Villar en 100; Carlos Villamor en 5000; Esther Navarrete en 3000; Leticia Fernandez en 1500 e Begoña Garrido en 400.
Cinco sextas posicións. Once septimas e catro oitavos postos.
Desilusión na proba de 5000 metros de mulleres na cal Paula Mayobre, retirouse da proba , e os relevos 4x100 dos homes que foron descalificado. Estes feitos e as baixas de importantes atletas nalgunha das probas conduciron á selección galega a esta posición na táboa de puntuación. Nembargantes, os xóvenes atletas que participan por primeira vez nun campionato desta índole, esforzáronse ao máximo por defender os colores blanquiazuis.  Resultados


23/06/2011 . Campionato de España de Federacións 1ª categoria. Galicia intentará manterse na 1ª categoría

A Selección Galega desprazarase mañá venres ata Zaragoza para disputar o dia 25 en Zaragoza o Campionato de España de Federacións de 1ª Categoría.
Maila algunha baixa importante para a selección, Galicia presentará unha forte Selección tanto en homes como en mulleres e tratará de manter as mesmas posicións logradas en ano pasado en Vigo.
A pista do Centro Aragonés do Deporte, en Zaragoza, é a instalación que acolle ás oito federacións que van competir na 1ª categoría e as que disputarán o título de campión de España por federacións, a competición dispútase en dúas xornadas de mañá e tarde o sábado día 25 de xuño.
A novidade máis importante nesta edición será que por primeira vez o título o gañará a federación que tras realizarse unha clasificación conxunta de homes e mulleres acade a maior puntuación, non como ata agora que se outorgaba un título para a categoría masculina e outro para a feminina. Cataluña é a actual campiona tanto en homes como en mulleres. Numerosos atletas galegos poden optar ao título individual nas súas probas, contribuíndo así a unha maior cantidade de puntos para o equipo blanquiazul.

Viaxe a Zaragoza

Para unha maior comodidade dos atletas galegos a FGA optou por alugar 7 vehículos para facer esta viaxe tan longa. Os coches saldrán de numerosas partes de Galicia a distintas horas. É moi importante que os atletas leven xa posto o chandal da selección e unha equipaxe lixeira.  Plan viaxe - Selección Galega

Reportaxe do Campionato no programa "Citius, Altius, Fortius"

No vindeiro sábado e domingo 2 e 3 de xullo emitirase no programa "Citius, Altius, Fortius", un resumo da actuación dos atletas galegos en Zaragoza.


21/06/2011 . Publicado xa o plan de viaxe na Circular 49-2011. Aviso moi importante para tódolos atletas integrantes da Selección Galega Absoluta que viaxarán a Zaragoza

No día de hoxe publicouse o plan de viaxe na Circular 49-2011  Asemade, recomendamos aos atletas que intenten levar unha maleta ou bolsa de viaxe o máis pequena posible, dentro das posibilidades de cada un. Pregamos a tódolos clubes que nos axuden a canalizar esta información entre os seus atletas. Pincha aquí para consultar el plan de viaje. 


Novas FGA
  • 18/06/2017
       Nove medallas para a Selección Galega Cadete no seu nacional de Lorca
  • 17/06/2017
       A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional
  • 08/05/2017
       Galicia de sexta no Campionato de España de Combinadas
  • 20/06/2016
       Nove medallas individuáis para a Selección Galega Cadete en Cartagena
  • 19/06/2016
       A Selección Galega Absoluta, sétima en Alcobendas
  • 13/03/2016
       A Seleccion Galega Xunior Campiona de Espa�a de Campo a trav�s, Plata para Adrian Ben e Bronce para Miguel Gonzalez
  • 24/07/2015
       Torneo de Federacións Autonomicas
  • 21/07/2015
       Plan de Viaxe e Seleccion Galega Absoluto - Torneo de Federacions Autonomicas
  • 15/02/2015
       Campionato de España Promesa en pista cuberta: Grande actuación Galega
  • 10/03/2013
       Campionatos de España de Campo a Traves
  • 25/06/2011
       Galicia: Séptima no Campionato de España de Federacions
  • 23/06/2011
       Campionato de España de Federacións 1ª categoria. Galicia intentará manterse na 1ª categoría
  • 21/06/2011
       Publicado xa o plan de viaxe na Circular 49-2011. Aviso moi importante para tódolos atletas integrantes da Selección Galega Absoluta que viaxarán a Zaragoza
  • 12/06/2011
       GALICIA: 5ª en Mulleres e 6ª en homes no Campionato de Federacións Cadetes, e nova mellor marca galega de 4x300
  • 11/06/2011
       Campionato de España Cadete Autonomias: Patricia Carballo, Pablo Castro e Mar Chillón novas mellores marcas galegas en 100 , peso y 3 Km. Marcha
  • 10/06/2011
       A selección galega cadete viaxa hoxe a Valladolid
  • 06/06/2011
       Aviso importante para os atletas cadete da selección galega no Campionato de España por comunidades do CSD
  • 31/05/2011
       Lugo acolle a III Edición dos Xogos do Cantabrico
  • 28/05/2011
        Campionato España Xuvenil por Comunidades. Ana Peleteiro novo record de España!
  • 27/05/2011
       Campionato de España de Seleccións Autonomicas Xuvenís
  • 25/05/2011
       Importante! Publicado o plan de viaxe para o Campionato de España Xuvenil por seleccións
  • 06/03/2011
       Boa actuación da Selección Galega de Marcha en Benicasim
  • 27/02/2011
       Campionato de España de Campo a Traves: 2 medallas individuais e 1 por equipos
  • 24/02/2011
       A selección galega de campo a través desprázase este sábado ata Haro para participar no Campionato de España de campo a través
  •  
    Contidos © Federación Galega de Atletismo - Software © GaliciaAtlética.com
    Avda. de Glasgow, 13 Complexo Deportivo de Elviña - 15008 A Coruña
    Teléfono: 981.29.16.83 - Fax: 981.29.20.56 - secretariogeneralfga@gmail.com