Xa está publicado o plan de viaxe da Selección Galega que viaxará ata Málaga mañá xoves día 23. Finalmente a Secretaría Xeral para o Deporte ampliou unha parada mais do autocar, saíndo o mesmo dende Pontevedra as 21:30 horas, parando en Santiago, Coruña e Lugo. Os atletas de Vigo incorporaranse en Pontevedra e os de Ourense subirán en Lugo.
É moi importante que todos os pais/adestradores anoten os teléfonos dos conductores e responsable da expedición para que chamen no caso de calquer imprevisto que lles surxa á hora de coller o autobús. (Ver plan de viaxe)
Unha vez finalizado as inscripciones do Campionato Galego Xuvenil, a celebrar o proximo domingo no Barco de Valdeorras.
Comunicamos o listado de atletas admitidos así como os rexeitados Listado de participantes - Horario definitivo
Unha vez acabado o prazo de inscripción para a disputa do Campionato Galego Escolar a celebrar o vindeiro sábado dia 25 no Estadio Gregorio Perez Rivera de Lugo, e revisadas as inscripciones recibidas comunicámoslles o seguinte:
• Os atletas sombreados en laranxa non podrán tomar parte na competicion
• En listado dos atletas repescados por marcas, terán que comunicar ao seguinte correo cofcluis@hotmail.com ata o xoves ás 15,00 horas a súa inscripción, Listados inscritosListado atletas repesca
O Xuíz Único ou de Compitición, despois de analizar o informe do Xuíz Árbitro; a reclamación do organizador, xunto coas probas e argumentos adxuntados; a normativa do artigo 144.2.b da Federación Internacional; as diversas circulares do Comité Nacional de Xuíces sobre a interpretación e unificación de criterios, e consultado coa Presidencia do Comité Galego de Xuíces, resolve, recalificar a todos os participantes excluidos polo Xuíz Árbitro en base a aplicación do artigo 144.2b RESOLUCCION
Na mañá de hoxe tivo lugar na Diputación da Coruña a presentación do I Circuito de Carreiras Populares Diputación da Coruña. Un excelente circuito que inclúe 10 carreiras populares organizadas en distintos concellos da provincia da Coruña. Ao acto asistiron numerosos concelleiros e alcaldes dos concellos partícipes deste proxecto, ademais do presidente da Diputación da Coruña, a diputada de Deportes e o presidente da Federación Galega de Atletismo, que estivo arroupado polos delegados da FGA en Santiago e Ferrol, así como outros membros da federación.
Diego Calvo, presidente da Diputación da Coruña, salientou o importante que é para a Diputación apoiar este circuito, que xa se está organizando noutros deportes como é o ciclismo. Pola súa parte Isidoro Hornillos destacou a oficialidade destas carreiras ao estar todas elas incluídas no calendario oficial da FGA e tamén os altos premios en metálico que haberá para os primeiros clasificados no circuito, tanto a nivel individual como por equipos ou mesmo en categorías inferiores. A primeira proba terá lugar o vindeiro 16 de xuño en Carballo.
Dende a FGA animamos a todos os atletas e familiares a participar nestas probas populares que sen dúbida algunha promocionarán a práctica do atletismo entre toda a población.
O responsable do sector de marcha da FGA, D. Jorge Silva convocou un Clinic para o vindeiro sábado 1 de xuño a partir das 11h nas pistas universitarias de Elviña, para todos aqueles adestradores e atletas que desexen acudir. A impartición será a cargo de Jacinto Garzón Jiménez, membro do organigrama técnico da RFEA, e o responsable nacional Santiago Pérez. Para participar nesta actividade todos os interesados deben remitir un correo a jorgesilvacrespo@hotmail.com indicando o número adestradores e atletas que asistirán.
Hoxe publícase a través da Circular 38-2013 o listado de atletas galegos que percibirán unha axuda económica da Federación Galega de Atletismo polos seus méritos acadados na tempada 2011/12 según Circular 24-2012. Ata un total de 27 atletas participarán no reparto de 20.000 euros aprobados pola Asemblea Xeral, Xunta Directiva e Comisión Delegada. Seguindo a normativa da Circular 24-2012 quedaron excluídos deste reparto aqueles atletas que participaron en carreiras populares non incluídas no calendario oficial. A Federación Galega de Atletismo desexa transmitir aos atletas a importancia de participar en probas de calendario, dado que unha gran parte dos recursos para que este sistema de axudas a atletas, e para que outras axudas como son a clubes, adestradores ou atletas veteráns, poidan manterse nos actuais tempos de dificultade económica, é animar aos organizadores de carreiras populares a incluir a súa proba no calendario oficial, cumprindo ca normativa vixente de seguridade vial e outorgando a oficialidade da súa proba. (Click Aqui para ver Circular 38-2013)
A marchadora ourensana Lorena Luaces consegui a mínima para o Campionato do Mundo a celebrar no mes de Agosto en Moscú. Durante o transcurso da Copa de Europa de Marcha Atlética Lorena acreditou 1.34.11 sendo a segunda española na liña de meta. O combinado español foi terceira por equipos. Parabens
Debido a problemas organizativos, temos que adiantar os prazos de inscripción para o Campionato Galego Xogade na categoría Infantil a disputar o vindeiro sábado 25 en Lugo.
O prazo de inscripción dos atletas clasificados rematará as 23:00 h do martes día 21, na inscripción on-line na páxina web da FGA.
O xoves publicarase o listado de atletas inscritos e farase "repesca" de atletas por orde do ránking naquelas probas que non se cubrira o mínimo de 16 atletas
Para facer esta inscripción de repesca enviarase un e-mail a: cofluis@hotmail.com sendo o límite de prazo para esta inscripción de repesca o xoves as 15:00 h.
CAMARA CHAMADAS
A límite de entrada na cámara de chamadas será de 15 minutos para carreiras, 20 minutos para concursos e 30 minutos para salto con pértega.
Disputou-se unha nova xornada na liga de Clubes de División de Honor e Primeira División con sorte dispar para os equipos galegos. Na División de Honor, os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra foron terceiros por detrás do F. C. Barcelona e o Unicaja Atletismo nas pistas de atletismo de Burgos. As victorias chegaron de man de Ignacio Sarmiento nos 400m valados, Jose Alfonso Palomanes no triple e Victor Gallego no peso e no disco. Gañou tamén a sua proba Jean Marie Okutu, este ano nas filas do F.C. Barcelona. En Zaragoza, o marchador Francisco Durán venceu nos 5k defendendo as cores do Simply Scorpio71.que cun maxistral crono de 20.54.31 ,se coloca lider do ranking nacional promesa As mulleres do Ria Ferrol foron terceiras en Barcelona por detrás do equipo anfitrión e a AA Catalunya. As únicas victorias viñeron da man de Cristina Ferrandiz nos 100m e de Leticia Fernández nos 1500. Xa na primeira División os homes do R.C. Celta puxeron de manifesto unha vez mais que son claros favoritos para o ascenso á División de Honra. Os célticos gañaron o seu encontro en Salamanca gracias as victorias de Ismael Costas nos 800, Carlos Porto nos 1500, Gonzalo Basconcelo nos 3000 obstáculos, Sergio Telleria na pértega, Ignacio Fernández no martelo, Fernando Paredes no peso, David Fernández no disco e ao doblete de David Gómez na lonxitude e os 110m valados. Boa actuación do Afflelou Narón que foron segundos en Huesca con Mauro Triana, Denis Galán e Jorge Castaño como homes destacados nas suas probas. Tamén bo resultado para o Atletismo Femenino Celta segundas en Monzón con victorias para Beatiz Viteri, Eva Costas, Sara Arosa e o cuarteto do 4x100. Finalmente, as mulleres do Lucus non conseguiron evitar a ultima posición no seu encontro no que unha vez mais Paula Ferreiros foi a mais destacada con doblete nos 200 e 400m. Sara Pino foi a outra muller que gañou a sua proba, a altura.
Boas noticias para o atletismo galego, os fondistas galegos Alejandro e Lolo foron seleccionados pola RFEA para viaxar a Bulgaria á vindeira Copa de Europa de 10.000. A expedición masculina está composta por un selecto grupo de 4 atletas. Noraboa para Alex e Lolo!
Aberto o prazo de inscrición para participar no II Circuito de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan II, un circuito composto de 5 probas nos entornos máis entrañables para a practica deportiva do running da cidade compostelana.
Ata o 20 de maio permanecerá aberto o prazo de inscrición nas 5 probas do circuito, tanto para atletas escolares (de benxamín a cadetes), como atletas adultos (de xuvenil en adiante) nesta páxina web e na web da Delegación de Atletismo de Santiago www.fgatletismo.es/santiago . Tmén se poderá facer a partir do vindeiro luns nos puntos presenciais indicados no regulamento do circuito.
As probas darán comenzo o sábado 25 de maio e presentarán unha oferta de inscrición de 5 probas + San Silvestre de Compostela por un prezo reducido que inclúe inscrición en 6 probas, camiseta do circuito e dorsal participación.
Haberá participación por clubes (ver regulamento) e clasificación individual despois decada carreira e clasificación do circuito despois de cada proba só para os participantes que se inscriban nas 5 probas do CorreSan.
O vindeiro martes ás 10:30 horas terá lugar a presentación do CorreSan II no Centro Comercial Compostela - Hipercor na cal tomarán parte os representantes da Federación Galega de Atletismo, do Concello de Santiago e do propio Centro Comercial, patrocinador do Evento. Mais información
A Dirección Técnica desta federación publicou no día de hoxe o listado de atletas cadetes seleccionados para participar no vindeiro Campionato de España Escolar categoría cadete de pista aire libre. O campionato terá lugar o día 25 de maio en Málaga, a expedición viaxará en autobús. Todos os atletas deben confirmar antes das 20:00 horas do venres, sinalando só no caso de que non teña a equipación da selección a talla desexada e tamén o lugar de incorporación desexado. Se algún adestrador qeu teña atletas na selección e esté afiliado a EGA desexa acudir deberá comunicalo á maior brevidade (Circular 39-2013)
Nas Pistas de Monterrei celebrouse o Campionato Galego Cadete que ademais de ver os novos valores do atletismo galego permitirá decidir a selección galega que participará no Campionato de España por Autonomías a celebrar o vindeiro 25 e 26 de Maio en Málaga. Nos homes os mais destacados con duas victorias cada un foron Angel Vargas da SGP quen venceu nos 100 e 300m con 11.58 e 38.32, respectivamente. Outro dos homes destacados foi o coruñes Iago Lousa, este ano como independente, alzándose co triunfo nas probas de lonxitude (5.73) e 100m valados con 15.40. Tamén Sergio García do San Narciso conseguiu o doblete en pértega (3.32) e altura (1.71). Xa nas mulleres as mais destacadas foron Paula Iglesias do Riazor quen gañou os 300m valados con un tempo de 47.14 e a altura con un millor salto de 1.55. A outra muller en conseguir duas victorias foi a lanzadora María Rodriguez do Afflelou Narón, nas probas de peso (11.90) e disco (29.54).
Cáceres acolleu o LXXIV Campionato Universitario de atletismo en pista, coa participación de 53 universidades e case 400 atletas. A Universidade de Vigo foi a única institución galega con representación, e volveu cun botín final de catro medallas, un récord galego e tres postos de finalista.
Alfonso Palomanes converteuse en protagonista ao saltar 16.06m en triplo, superando o récord máis longevo do atletismo galego, do vigués Francisco Castrillo, 16.05m en 1974. Fixo un salto máis longo, de 16.19m, pero con vento superior ao legal, que lle valeu para colgarse o bronce.
Dobre éxito de Víctor Galego, que se fixo coa prata en lanzamento de disco, facendo marca persoal con 54.81, aínda que con sabor agridulce, porque perdeu o ouro superado no último intento, e bronce no peso, 16.73 metros.
Pola Universidade de .Vigo tamén puntuaron en postos de finalista, Lucía Pérez, 5ª en triplo; Carlos Revolta, 5º en martillo e Ana Revolta, 7ª en disco. Completaron a participación Rocío Carbia, en 5km marcha e Miguel Gómez, en 100m.
Dous foron os ouros dos atletas galegos Solange Pereira proclamouse campioa de España universitaria de 1500m representando á UNED. A súa marca de 4.19.75 é a segunda española do ano. Ouro tamén para Yolanda Gutierrez en 10000m (UNED), 35.15.89 . Das mencionadas medallas de Victor Galego e Jose A. Palomanes, bronce en lonxitude para Leticia Gil, da Complutense, que saltou 5.74m. Xa en postos de finalista, Santi Ferrer, da Ou. Europea de Madrid foi 4º en pértiga e Samanta Mulloni (UNED), 6ª en 5km marcha. Resultados
Celebrouse onte na localidade de Padrón o Campionato Galego de Milla en ruta vencendo Victor Riobo e Leticia Fernández. Previa disputa das probas de milla disputouse o Campionato Galego de 1km resultando gañadores nas diferentes categorias os seguintes atletas: Sergio Souto (Atlética Val Miñor) e Degnesh Mato (Millaraio) en benxamin, Yago López (Atletismo Porriño) e Cinthia Costas (Atletismo Tui) en alevin, Pedro Osorio (Afflelou Narón) e Elena Costas (Atlética Val Miñor) en infantil. Xa nas probas da milla os novos campeones galegos foron Yeray Gómez (Atlética Val Miñor) e Iria Rodriguez (Atletismo Porriño) e Ero Doce (Ria Ferrol) e Uxía Pérez (Atletismo Tui). Nos junior os millores foron Olaf Araujo do Coruña Comarca e Eva Cid da Atlética Val Miñor que foi terceira na xeral feminina. Xa a nivel absoluto o atleta do New Balance Victor Riobo estivo acompañado no podium por Alberto Chaves da Sociedade Gimnástica e Uxio Abuin do Club Atletismo Sar, que foi o primeiro promesa. Nas mulleres Leticia FErnandez do Ria Ferrol e a nova campiona galega absoluta e promesa por diante de Paula Mayobre, do Bikila e a xa mencionada Eva Cid. Os primeiros veteráns en cruzar a liña de meta foron Manuel Louro do Club Atletismo Sar e Teresa Castro do Atletismo Noia.
Santiago López do Atletismo Porriño e Sara Pérez do Comesaña foron os vencedores da Media Maratón de Vigo. Despois de 14 anos celebrouse unha nova edición de esta proba da man do actual vicepresidente da Federación Galega de Atletismo e atleta olímpico Javier Alvarez Salgado. Santiago López conseguiu a victoria con un tempo de 1.10.11 por diante de Daniel Bargiela (Bikila Empleados) con 1.10.27 e Elias Domínguez (New Balance) con 1.11.05. Nas mulleres a victoria foi mais clara para Sara Pérez con un tempo de 1.30.48. Acompañarona no podium Miriam Chapela do Team Bipolar con 1.34.26 e Ana Belén Garrido, do CSCD Beade, con 1.36.27.
Ultima Hora: O atleta Alfonso Palomanes bateu hoxe no transcurso dos Campionatos Universitarios un dos records galegos mais antigos ó fazer un salto de 16.06. O atleta, este ano enrolado nas filas da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, bateu así o record en triplo salto que estaba en poder de Francisco Castrillo dende o ano 1974. Parabens Actuacción galega
AVISO IMPORTANTE: Lembrase que no Campionato Galego Cadete os atletas só poderán inscribirse nun máximo de duas probas. En caso de participar en duas carreiras só poderá realizarse unha de mais de 200m. As renuncias deben realizarse por escrito a direcciontecnica@fgatletismo.com con antelación mínima de 24 h, só desde forma é que poden repescarse ós atletas rechazados
O pasado sabado disputouse no Estadio Pérez Rivera, a terceira proba da Copa Deputación de atletismo,Cunhas condicións climatolóxicas idóneas para conseguir rexistros destacados, a proba que atraeu a maior atención foi o lanzamento de xavelina. Nela, o lucense Manuel Uriz, do Fent Camí, protagonizou unha destacada serie de lanzamentos, cun mellor rexistro de 70,29 metros, o que lle situa como terceiro do ránking nacional deste ano.. O seu compañeiro de adestramentos Borja Barbeito, do Praias de Castelló, non lle foi á zaga, e concluíu segundo con 68,79.
Por outra parte, a campioa de España de lanzamento de disco, Mercedes de Santaló (Porto de Alicante), conseguiu, con 49,33 metros, volver mellorar o seu rendemento da tempada e sitúase terceira da escala nacional. Asinou unha serie moi regular
Outros rexistros destacados foron os 14.35 s de Miguel Pérez nos 110 metros valos júnior; os 12.75 de Paula Ferreiros en 100 lisos; os 11.10 de Maxi Rodríguez tamén en 100, invalidados polo vento (os tres atletas, do Lucus), e os 2.10.28 da pontevedresa Leticia Fernández, do Ferrol, no 800
Ourense e Padron seran as localidades onde se celebren este fin de semana os dous campionatos galegos .
Ourense acollerá en galego cadete en pista, onde se daran citas os xovenes atletas promesas do noso deporte.
En Padron celébrase os Campionatos Galegos de 1000 metros ruta benxamin, alevin e infantil e o Campionato Galego absoluto de milla en ruta nas categorias cadete, xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos
A proposta da Dirección Técnica e para evitar a coincidencia con o Campionato Escolar, a Xunta Directiva e Comisión Delegada aprobou celebrar o Campionato Xuvenil o domingo 26 en O Barco
Intensa xornada atlética a vivida en Cerveira, co V Meeting Internacional de Lançamentos, que contou coa presenza de quince equipos: catro franceses, catro galegos (Vigo, O Morrazo, Pontevedra 1 e 2) e sete de Portugal, con moi bos resultados por parte dos nosos representantes máis directos, xa que a formación de Vigo se clasificou en segundo lugar con 4612 puntos, só superado por France 2, de París, con 4834. O título honorífico de "equipo revelación" recaeu sobre o grupo de Anxo Serantes, Lanzadores do Morrazo, erguidos ao terceiro posto, cunha puntuación de 4466.
Nesta ocasión, ninguén faltou á cita, reuníndose un nutrido grupo de atletas con proxección de todas as categorías, habituais dos campionatos nacionais, e mesmo internacionais: Frank Casañas, Isaac Vicente, Víctor Gallego, Pablo Denís, Pablo Castro, Eva Costas, Sara Arosa, David Gómez, Luís González, David Fernández Lemos, Jesús Crossa, Sergio Paredes, Raquel Villa, Fernando Paredes, Anna Izquierdo, Angeles Filgueira, Carlos Revuelta, Noelia Ferradanes, Elena Estévez, Ana Revuelta, Lidia Fernández, Gonzalo Brotóns, Óscar Broullón ou Víctor Pérez...son algúns dos nomes.
Ao longo do domingo fóronse disputando todas as modalidades de lanzamento, pero o máis emocionante chegou pola tarde, co martelo absoluto, disciplina que en Portugal adoita ser a de máis nivel, ao igual que en Vigo. Isaac Vicente buscaba os ansiados 70 metros, e conseguiunos no medio dunha serie salientable: 68.05- 69.56- 69.71- 70.19- 69.82-67.96, encirrado polo portugués Darío Manso, que se lle achegou con 68. 45m.
Como broche de ouro da xornada, a proba de disco, con Frank Casañas dominando dende o inicio por enriba dos 60 metros, pero non de todo satisfeito. Novamente a presión dos rivais, en especial do atleta francés do combinado de París, Djouhan Colasson, tamén roldando os sesenta (60.61 m), provocou a súa reacción, mandando o disco de 2 kg a 65.38 m, que supón colocarse no cuarto posto do ránking mundial do ano. Destacou tamén nesta proba o ximnástico Víctor Gallego, con 54.61 m.
Sobresaínte tamén para a organización e a Associaçao de atletismo de Viana do Castelo no desenvolvemento das probas e na atención a todos os participantes durante os dous días de estanza e competición, como de costume
Nunha mañá soleada e con altas temperaturas disputose o Campionato Galego de 5000m nas pistas de Rio Pozo no Concello de Narón. Ante a ausencia dos millores especialistas da nosa comunidade foron os xuvenis Ero Doce do Ria de Ferrol en homes e Carmela Cardama do Comesaña os novos campións galegos da distancia. Completaron o podium o atleta local do Afflelou Narón Santiago García, quen comandou a proba durante os primeiros kilómetros, e Diego Crespo do Marineda Atlético. Nas mulleres a veterana Soledad Castro e Sofía Freaza, ambalas duas do Comesaña, foron as duas mulleres que acompañaron a Carmela no podium.
O traballo e a constancia son dous principios importantes para acadar un gran sono, estes dous principios son os que sempre tiveron en mente todo o equipo humano que traballa de forma altruista e desinteresada na producción e edición do programa de TV da Federación Galega de Atletismo "Citius, Altius, Fortius". Mañá domingo cumpriranse 100 emisións deste programa, a TVG2 emitirá un programa especial con uns contidos que che van a gustar moito. Compróbao por ti mesmo mañá domingo ás 14:30 horas na TVG2! Dende a FGA desexamos agradecer a súa colaboración a todas as persoas que traballaron ou colaboraron puntualmente na creación de cada un dos 100 programas, clubes, atletas, adestradores, xuices, concellos, etc. Adicamos esta edición especial a todos eles!
A organización da 3ª Xornada III Copa Diputación de Lugo por problemas de organización viuse obrigado a trasladar a proba dos 3km Marcha ao domingo 5, disputándose conjuntamente co campionato provincial escolar ás 18:45 do domingo 5.
Ademais modificouse o horario polo número de inscritos e a proba de peso feminino dispútase ás 18:00 h. Horario modificado
Unha vintena de cidades estarán representadas no torneo internacional a celebrar este fin de semana en Vila Nova de Cerveira na quinta edición do mitin anual ao que acoden convidados combinados de todo Portugal, Galicia e algúns equipos franceses.
É unha competición aberta, sen límite de participantes por equipo, con clasificación colectiva na que puntúan os tres mellores homes e as tres mellores mulleres, de calquera categoría, coa presenza dos máis destacados especialistas galegos e portugueses. Entre os equipos galegos confirmaron a súa participación, Vigo, Cangas e Pontevedra con case todos os seus atletas máis representativos entre os inscritos.
O encontro arranca o sábado cunha xornada de convivencia para os máis novos, e o domingo será a competición en dobre xornada de mañá e tarde, cun xantar campestre
A FGA co fin de promover a práctica do atletismo e amosar á población o traballo feito por esta federación, estará presente cun stand no I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición. SPORTIS 2013. Este evento que pretende consolidarse como un referente do deporte a nivel autonómico, terá lugar a vindeira semana os días 9, 10 e 11 de maio no Recinto Ferial de Pontevedra, conxuntamente co IX Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
A FGA levará a súa carpa e as actividades de xogando ao atletismo para que os alumnos dos centros educativos que visitarán a feria poidan disfrutar da iniciación ao noso deporte. Tamén se proxectará nunha pantalla de televisión distintos programas de Citius, Altius, Fortius, e se amosarán aos visitantes ao stand as medallas outorgadas nos distintos Campionatos Galegos, distintas publicacións que editou a FGA como a Revista Atletismo Galego, e un boletín cas carreiras populares do calendario oficial.
Todos os atletas, clubes e adestradores federados que desexen visitar a feira poden solicitar no email secgeneral@fgatletismo.com unha entrada gratuita para acceder ao recinto en horario de 10:00 a 20:00 horas do xoves 9, venres 10 e sábado 11. Perto de 50 empresas amosarán os seus productos e servizos no ámbito do deporte, entre eles cabe salientar a multinacional Mondo presente nos últimos XXOO, haberá masaxes gratuitos, sorteos de agasallos, visita de deportistas de alto nivel, entre eles o noso atleta olímpico Frank Casañas, e perto de 50 actividades deportivas. Mais informacion en www.sportis.es
Alvaro Valle e Roberto Tuimil, presidente e secretario do Club Affelou Narón xunto co Presidente da FGA Isidoro Hornillos e a concelleira local Natarlia Hermida presentaron o pasado luns no Concello de Narón o Campionato Galego de 5000 metros en pista aire libre.
A organización promoverá o atletismo organizando numerosas probas para atletas de todas as categorías. O presidente destacou o apoio deste concello e do club para a práctica do atletismo nesta localidade que xa sacou a moi bos atletas. (Ver noticia no Diario de Ferrol)
Victoria da atleta Solange Pereira na Milla Sagrada Familia. A atleta do Bikila impuxose a mulleres importantes como a medallista europea Isabel Macías e Elián Périz.
Bos resultados para os equipos galegos na primeira xornada da Liga de Clubes de División de Honor e Primera División. Nas pistas de Balaidos o R.C. Celta gañou o seu encontro con 209.5 puntos seguido do Afflelou Narón con 197.5. Completaban o cuadrangular o Atlético San Sebastián e o Atlético Salamanca. Os celestes conseguiron 11 victorias por 4 do Afflelou Narón. Os gañadores dos equipos galegos nas suas probas foron: David Abalde nos 400, Ismael Costas nos 800, Carlos Porto nos 1500, Gonzalo Basconcelo nos 3000obstáculos, David Gómez nos 110 valados e lonxitude, Sergio Telleria en pértega, Ignacio Fernández en martelo, Fernando Paredes en peso, David Antonio Fernández en disco e o cuarteto do 4x400. Pola parte do Afflelou Narón as victorias viñeron por parte de Mauro Triana nos 200m, Samuel Paz nos 400valados e Miguel Angel Durán na xavalina. Tamén na Primera División o interés dos galegos estaba en Burgos donde competía o Ateltismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural Galega. Importante victoria a das célticas con 195 puntos, grazas as victorias de Uxía Pérez nos 1500, Esther Navarrete nos 3000, Jenny Fernández no seu debut nos 3000m obstáculos, Beatriz Viteri na pértega, Eva Costas no peso e disco, Sara Arosa no martelo e Mar Chillón na marcha. As lucences foron terceiras con 169 destacando o papel de Alicia Merino vencendo nos 100m e nos 100m valados e Paula Ferreiros nos 200 e 400m. Gañaron tamén as suas probas Saleta Fernández en altura e Marta Lolo en lonxitude. Xa na División de Honor boa actuación dos homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra que foron segundos con 162 puntos por detras do poderosisimo A.D. Maratón, vencedor do encontro con 224 puntos. Catro foron as victorias dos atletas da SGP: Alberto Salcedo nos 200m, Ignacio Sarmiento en 400mv, José Alfonso Palomanes en triple e Victor Gallego en disco. Isaac Vicente nas filas do A.D. Maratón venceu tamén na sua proba. No mesmo esceario, Aranjuez, as mulleres do Ria Ferrol non tiveron sorte e tiveron que conformarse co terceiro posto sendo Lidia Parada a única das representantes galegas en vencer na sua proba, a xavalina. A próxima xornada disputarase o 18 e 19 de Maio.
Solange Pereira correrá a Milla Sagrada Familia-VII Trofeo Internacional Ciutat de Barcelona o domingo 28, intentando revalidar o seu triunfo do ano pasado, cando sorprendeu impoñéndose a Isabel Macías. A atleta do Bikila, flamante campioa de España da distancia aposta por esta proba que se lle está a dar moi ben e lle serve de preparación de cara ao 1500 m que disputará en pista ao aire libre
Este fin de semana iniciarase unha nova edición da Liga Nacional de Clubes en División de Honor e Primeira División. Polo que respecta ós equipos galegos, o sábado 27 de abril no Estadio de Atletismo de Aranjuez participarán a Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes e o Ria Ferrol-C.A Arenal en mulleres, na División de Honor. No domingo 28 de Abril serán os equipos da Primeira División os que debutarán nesta primeira xornada. Nas pistas de Balaidos participaran o R.C. Celta e o C.A. Afflelou Narón en homes mentrás que en Burgos serán as compoñentes do Atletismo Femenino Celta e o Lucus Caixa Rural Galega as que iniciaran a sua participación nesta tempada. Mais informacion
Continuan os recoñecemntos sociais para esta excelente triplista galega. Este premio convocado polo Consello Superior de Deportes recoñece á mellor deportista menor de 18 anos que pola súa traxectoria deportiva destacase na pasada tempada. Ana pasa de esta maneira a formar parte da historia dos Premios Princesa de Asturias. Dende a FGA desexamos transmitirlle a nosa felicitación por este importante premio e animámosla a seguir traballando arreo para que continue a dar alegrías a todo o atletismo galego! Historial Deportivo
O lanzador olímpico Manolo Martínez completou o seu percorrido por diferentes puntos da xeografía galega, dentro do seu programa de visitas aos núcleos de lanzamento de toda España como responsable do sector, aconsellando e contestando as preguntas dos atletas e adestradores.
Para satisfacción dos mozos congregados en Cangas o pasado mércores, comezou explicando Escollinvos porque as cousas aquí se están a facer ben". O leonés fixo unha introdución coa súa carreira e méritos deportivos, continuando con cuestións máis específicas, deu consellos sobre adestramentos, programación, saúde, nutrición, horarios e mesmo estudos. E sobre todo, transmitiu ilusión e motivación extra, ademais de contestar a todas as preguntas, do máis variado, que lle formularon. Para rematar, como recomendación última referíndose aos atletas, sentenciou: "O importante, que llo pasen ben,".